Xoves, 17 Setembro 2020 | Laura Castro

#39-Mancomún Podcast: Software libre na universidade, con Laura Castro

Episodio 39

Hoxe falamos con Laura Castro Souto, Enxeñeira informática, profesora e investigadora do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade de Informática da Coruña.

Defínese a si mesma como unha aprendiz constante, feminista e geek, polo que pega bastante coa nosa forma de ver o mundo en Mancomún.

Enlaces mencionados no programa

– Dra. Laura Milagros Castro Souto – Universidade da Coruña
https://pdi.udc.es/gl/File/Pdi/W46ZG

– Twitter de Laura Castro
https://twitter.com/lauramcastro

– Premio ao mellor proxecto universitario libre
https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/

As músicas usadas neste programa foron:

– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal