Novas

  • A Amtega abriu o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática [Ler máis...]
  • Sae á luz a cuarta entrega de Xeración Ñu [Ler máis...]
  • Publicada no repositorio documental unha matriz de compatibilidade de licenzas de software libre [Ler máis...]
  • O encontro de usuarios e desenvolvedores de QGIS terá lugar en marzo na Coruña [Ler máis...]
  • A administración de Baden-Württemberg destinará 125 mil euros á formación en software libre [Ler máis...]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Imaxe do caso de éxito de XWiki Imaxe de XWiki

Casos de éxito con XWiki

XWiki

O software XWiki conta con moitos casos de éxito en diversos ámbitos existindo tamén unha empresa de nome homónimo que ofrece a plataforma como servizo na nube ademais de diversos servizos. Dende a páxina web do proxecto mostran diversos testemuños, así como algunhas estatísticas nas que se documenta a existencia de máis de catro mil instalacións activas e 750 módulos de extensión.

En concreto, dentro dos casos de uso dentro das administracións públicas, cabe destacar o caso de Wikiterritorial (Centre de ressources des collectivités) dependente do CNFPT (Centre National de la Fonction Publique Territoriale). Trátase dunha web na que ten cabida todo tipo de información referente ás administracións locais francesas dos distintos departamentos e distintas seccións das competencias que estas teñen asumidas. A vantaxe de empregar unha wiki neste caso é a de que a información está ben organizada e estruturada e todo o persoal que se encarga de ter ao día esta información.

XWiki é un software de plataforma wiki con capacidades profesionais que viu a luz no ano 2003, está liberado baixo a licenza LGPL e trátase dun software mediante o cal se pode despregar unha plataforma web simple mediante a cal se pode consultar, buscar e editar información estruturada e ordenada.

XWiki permite gardar información estruturada dunha forma sinxela sen saír da páxina web tanto empregando o editor visual ou usando a sintaxe wiki. Dentro das súas características máis importantes están a de que é facilmente extensible ben sexa instalando mediante o administrador de extensións ou desenvolvendo novos módulos empregando as APIs que se facilitan, ten un sistema de control de usuarios que permite definir os permisos para as distintas partes da wiki e tamén permite integrar a autenticación con outros sistemas como LDAP. Outra característica a destacar é que XWiki soporta a internacionalización contando con máis de 30 idiomas soportados entre os que se atopan tanto o galego coma o castelán.

Segue a

nixCraft Blog (@nixcraft)
Blog sobre GNU/Linux e outras tecnoloxías libres con enfoque na administración de sistemas e na programación.

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600