A administración de Baden-Württemberg destinará 125 mil euros á formación en software libre

Mércores, 20 Febreiro 2019

O departamento de ciencia, investigación e arte do goberno do estado de Baden-Württemberg, en Alemaña, anunciou en xaneiro a creación dun laboratorio de software libre cunha dotación económica de 125.000 euros.

O novo laboratorio está emprazado no instituto de tecnoloxía de Karsruher e non só ten como misión formar aos estudantes, senón que tamén se prevé a formación de profesores de secundaria nesta materia. O laboratorio servirá para que os estudantes se familiaricen co software libre, pero non só con ferramentas libres, senón co proceso do desenvolvemento e os fundamentos legais do mesmo traballando en primeira persoa en proxectos libres. Así mesmo, neste laboratorio tamén se desenvolverán materiais didácticos para o profesorado de secundaria incluíndo ferramentas de software libre a medida para o seu uso nas aulas.

Os responsábeis do instituto tecnolóxico destacan que o software libre se esta volvendo cada vez máis importante debido a que, entre outras cousas, os proxectos libres son capaces de involucrar a voluntarios, compañías privadas e institucións públicas. Outro factor destacado é que ao ter acceso ao código fonte dos programas pódense realizar dun xeito máis eficaz tarefas de auditoría.

Fonte: Joinup e KIT (Karsruher Institut für Technologie)
Imaxe de Carsten Naber (Wikipedia)

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal