|
Existen unha morea de casos de éxito de Chamilo, dende escolas e universidades ata calquera empresa ou entidade que precise servizos de tele-ensino.
O caso que nos ocupa neste boletín é o do Instituto Nacional de Innovación Agraria dependente do Ministerio de Agricultura y Riego de Perú. O Instituto conta con unha plataforma de tele-ensino implementada, á que lle chama Aula Virtual, que está implementada con Chamilo e desenvolvida pola empresa BeezNest a través da cal ofrece cursos formativos sobre agricultura.
|
|
Chamilo é unha plataforma web de tele-ensino, é dicir, un xestor de contidos web deseñado especialmente para plataformas educativas a distancia. Ademais da solución software tamén existe a asociación Chamilo mediante a cal se coordina o desenvolvemento da solución, esta asociación tamén se encarga de xestionar a certificación dos fornecedores da solución.
Chamilo está implementado fundamentalmente en PHP e JavaScript e está liberado baixo GPL. Ademais das típicas funcións das plataformas de tele-ensino conta con soporte de SCORM e LTI, xeración de certificados automáticos, seguimento do progreso dos estudantes, soporte de múltiplas institucións... E destaca pola sinxeleza do seu uso.
|