A distribución de GNU/Linux MiniNo ven de liberar a súa nova versión 3.1 LTS co nome en clave Queiles. Esta distribución está especificamente deseñada para a súa execución en equipos con poucos recursos, especialmente en máquinas vellas.

MiniNo é un proxecto da asociación Galpon, asinante do convenio da Amtega coas asociacións de software libre galegas, que conta ademais co patrocinio da empresa Librebit.

A nova versión de GNU/Linux foi anunciada a principios de setembro, MiniNo Queiles está baseada en Debian Jessie e contará con soporte ata finais de xuño do 2020, dende Galpon salientan a novidade da posibilidade de conexión co teléfono móbil mediante o protocolo MTP. Esta versión ven a cubrir o espazo da versión anterior, a versión 2 ou Ártabros que tivo a súa última actualización en marzo deste ano e contou con soporte ata finais de maio, polo que todos os usuarios de Ártabros se poderán actualizar a Queiles para seguir tendo a súa máquina actualizada cun sistema operativo libre e con soporte de longa duración.

Pin It on Pinterest

Share This