Comeza unha nova etapa no Coruña Hacks este sábado día 6 de outubro

Mércores, 3 Outubro 2018

O sábado 6 de outubro comeza unha nova edición de Coruña Hacks, unha serie de hackatons nos que desenvolvedores se reúnen nun mesmo espazo físico para deseñar e desenvolver proxectos libres conxuntamente.

Esta nova edición preséntase xa coas sesións fixadas (6 de outubro, 17 de novembro e 1 de decembro). Na primeira sesión, escolleranse as ideas a levar a cabo, os equipos de traballo e comezarase a traballar nos proxectos nos que cada equipo traballará e terá ata o 1 de decembro para desenvolver, día no que se presentarán os proxectos para ver a súa evolución e realizarase unha entrega de premios.

Ao igual que a edición anterior de Coruña Hacks, está organizada por GPUL, Coruña Developers, Árticos e GDG Coruña; contando ademais con colaboradores como a Amtega e o Concello da Coruña.

 

 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal