|
Existen moitos casos de uso de Joomla! relacionados coas administracións públicas. Na propia páxina de Joomla podes atopar numerosos exemplos. Os máis comúns son os de diversas entidades que empregan Joomla! para elaborar o seu propio portal de cara a dar a coñecer a propia institución, o seu funcionamento, as novidades sobre esta, etc.
Destacamos de esta lista o caso do Concello de Melle (en Francia) que teñen un portal web desenvolvido en Joomla! que aglutina información útil para os seus cidadáns, sobre o goberno e funcionamento do concello, novidades, eventos, información turística...
Outro caso interesante é o da Oficina Federal Suíza de Auditoria que conta cun portal no que ten diversa información, publicacións e documentación.
Pois outro lado temos tamén a Autoridade Reguladora dos Servizos Públicos de Costa Rica que utiliza Joomla! a parte de para o portal externo, tamén como portal de intranet para o funcionariado.
|
|
Joomla! é un sistema de xestión de contidos, tamén coñecidos como CMS do inglés Content Management System, que che permiten configurar, adaptar e dotar de contidos un portal web dende o navegador dunha forma sinxela, sen ter que programar código.
Joomla! naceu no 2005 froito dun fork do proxecto Mambo. Está programado en PHP, licenciado con GPL versión 2 e é un dos CMS máis empregados para o desenvolvemento de portais web. Joomla! ten unha serie de funcionalidades no seu núcleo como soporte de múltiplos idiomas, SEO e SEF integrado, xestión de menús e usuarios, sistema de cache... Adicionalmente pódense estender estas funcionalidades desenvolvendo ou instalando algún dos máis de 8000 engadidos dispoñibles.
|