Diversos ministerios de Letonia comprometéronse a que os servizos públicos deste país dispoñan os seus datos abertos dunha forma máis accesible e dende o portal de datos abertos do país.

Este portal foi creado en setembro de 2017 polo Ministerio de Protección Ambiental e Desenvolvemento Rexional; en letón Vides aizsardzības un reģionālās attīstības ministrija, ou VARAM; que estivo traballando con outras entidades letonas analizando e identificando os diversos conxuntos de datos susceptibles de ser publicados. Actualmente, no portal de datos abertos letón hai xa 70 conxuntos de datos, todos eles cunha licenza CC0 1.0 a cal permite o uso, modificación e distribución sen pedir permiso e para calquera uso.

Estas medidas son un paso máis que se engade aos que están tomando por parte dos distintos países membros da Unión Europea relacionados coa estratexia de datos abertos para a posible reutilización dos mesmos por parte de outras administracións, empresas e particulares e que teñen repercusión positiva na propia economía dos países membros. Tamén darán un empurrón a Letonia nos resultados obtidos nos indicadores do portal “Open Data in Europe” no que actualmente se sitúa lixeiramente debaixo da media. Un ranking que encabeza Irlanda e seguida de cerca por España, podedes ver os datos estatísticos dos indicadores no portal europeo de datos abertos.

Fonte: https://joinup.ec.europa.eu/news/business-opportunities

Pin It on Pinterest

Share This