Novas

Novas solucións publicadas na sección de Solucións TIC do portal Mancomún, onde se pode consultar máis de corenta solucións encamiñadas a empresas, administracións e fogares.

Do 19 ao 21 de novembro, no CESGA terá lugar un curso sobre profiling e optimización empregando ferramentas libres.

Continúan os obradoiros de deseño en 3D empregando FreeCAD en Barro dentro da iniciativa de SmartPeme con unha sesión o 13 de novembro e outra o 15.

Por outra banda, a AMTEGA concede o premio ao mellor proxecto universitario libre, a asociación GALPon convídanos á súa sala de Matrix e anúnciase a tradución ao galego do navegador privado para Android chamado Focus.


Proxecto destacado

logo Cryptomator Criptomator é unha aplicación de cifrado transparente para os ficheiros na nube, a cal nos permite cifrar e descifrar calquera tipo de documentos de xeito fácil. Tan só hai que crear o cofre cunha contrasinal de cifrado e posteriormente, cando este cofre está aberto aparece no sistema un dispositivo extraíble onde se poden arrastrar os ficheiros para cifrar ou modificar os propios ficheiros como se estiveran nun disco duro externo. Alén de cifrar o contido dos ficheiros, esta aplicación tamén nos permite cifrar o seu nome así como a estrutura de directorios existente no cofre de cifrado para unha maior privacidade.

Cryptomator é unha aplicación multiplataforma dispoñible para Windows, Mac OS, GNU/Linux, Android e IOS. A aplicación está liberada baixo GPLv3 e as bibliotecas que emprega por debaixo baixo AGLPv3. A solución ofrecida é libre e de balde pero tamén ofrecen desenvolvementos personalizados e plans de soporte encamiñados a empresas.

Pin It on Pinterest

Share This