Matrix é un protocolo estándar e aberto que ofrece un servizo de comunicacións descentralizada e instantánea a través de internet, podendo implementarse sobre el varios servizos como mensaxería instantánea ou chat, videoconferencias, envío de ficheiros, chamadas de voz… Este servizo, garante a seguridade dos datos e permite o cifrado extremo a extremo das comunicacións.
A parte do tipo de comunicación puramente a través de Matrix, tamén permite empregar pontes entre outros sistemas de comunicación como IRC, Skype, Slack… Temos a posibilidade de instalar o software en infraestrutura propia ou empregar os servizos de terceiros.
Matrix non limita o seu uso a un cliente determinado podendo así empregar calquera cliente que cumpra co estándar aínda que o máis coñecido é Riot, este é un cliente web que tamén contando con versións para Android, IOS, Windows, GNU/Linux e MAC OS.

Con todas estas características e tendo a posibilidade de conectarse a este servizo mediante sofware libre como pode ser o cliente Riot, Matrix presentase como unha alternativa libre a outros sistemas de mensaxería instantánea como poden ser Slack, Telegram, Whatsapp…

Dende a asociación GALPon convidan a toda a comunidade de GNU/Linux a unirse á súa sala de Matrix para poder falar e debater sobre software, hardware e cultura libre en xeral.

Pin It on Pinterest

Share This