Recentemente a OSL fixo un esforzo para localizar o proxecto Focus para Android ao galego.

Focus é un navegador para Android desenvolvido por Mozilla e enfocado na navegación privada. Gracias ao esforzo da OSL, repartido en sendos commits (1 e 2) no repositorio público GitHub, de agora en diante, unha vez instalado Focus, poderemos escoller o galego como idioma da interface nos axustes do mesmo.

A OSL fixo inicialmente unha análise das cadeas que era preciso localizar, previa a comezar o traballo propiamente dito. A tradución do proxecto realizouse en varias fases. Por unha banda traballouse nunha primeira aproximación na que se acometeron as cadeas máis sinxelas, sendo este un traballo máis achegado ao que unha revisión se refire. A segunda fase tivo que esperar por unhas melloras no plugin de tradución OmegaT. Unha vez eses cambios estiveron dispoñibles, os traballos continuaron acadándose a completa tradución do proxecto.

De estares interesado en contribuir a localización dun proxecto tan interesante, na seguinte ligazón poderedes dar os primeiros pasos.

O proxecto Focus para Android está actualmente a ser localizado a 95 idiomas. A día de hoxe, 67 de 98 idiomas teñen a tradución completa, atopándose o galego entre un dos 20 primeiros en acadar tal fito. Na seguinte páxina pódense consultar as estatísticas completas.

Focus atópase dispoñible para descarga na seguinte ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This