Novas

A asociación Trasno ven de anunciarnos que o corrector ortográfico Hunspell conta cunha nova versión para o galego coa que poderemos corrixir os nosos textos.

O CDTIC realizará o 20 de setembro unha sesión demostradora de Joomla titulada "Aproveita as vantaxes de Joomla para desenvolver as túas webs".

Dentro xa do vindeiro curso académico a Universidade de Vigo organiza en Pontevedra obradoiros sobre tecnoloxías libres, un sobre Arduino e outro sobre impresión e deseño 3D.

Outro ano máis anunciamos que a Amtega convoca a XI edición do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre.

Se falamos de eventos a nivel galego, tamén toca falar de que arranca a organización da OSHWDem 2018 coa apertura do Call4Makers.

E no tocante a eventos internacionais, destacamos que o Sábado 11 comeza a Akademy en Viena


Proxecto destacado

logo WooCommerce Thunderbird é un cliente de correo electrónico libre e multiplataforma completo e extensible mediante complementos, está desenvolvido por parte da comunidade Mozilla e baixo a licenza MPL.

Con Mozilla Thunderbird pódense cubrir todas as necesidades básicas de correo electrónico, contactos e axenda. Alén de soportar os protocolos de correo estándar como POP3, SMTP e IMAP tamén soporta, mediante DavMail, a conexión a un servidor de correo de Microsoft Exchange. Ademais de todas as funcionalidades que ten de serie, existe un número elevado de complementos dispoñibles no seu catálogo. Tamén destacamos que está dispoñible tanto en galego coma en castelán.

Pin It on Pinterest

Share This