A Universidade de Vigo comezou xa a deseñar e organizar a súa oferta de obradoiros de Extensión Cultural para o primeiro cuadrimestre, estes cursos son enfocados para estudantes, pero pode inscribirse calquera persoa tanto se está vinculada á universidade coma se non.

O período para realizar a preinscrición rematan o 31 de agosto e as sesións dos obradoiros comezan a principios de outubro e durarán ata mediados de decembro. Dentro destes cursos complementarios, que poden ser convalidados polo estudantado da Universidade de Vigo, atopamos un par de cursos sobre software e hardware libre.

INICIACIÓN A IMPRESIÓN 3D CON MATERIAIS INNOVADORES
Este obradoiro será impartido por Vicente López Díaz e Jose Manuel Rodríguez Quintas. Ten como obxectivos difundir as tecnoloxías de impresión 3D, así como o modelado 3D utilizando software libre. Na páxina do obradoiro pódese atopar máis información deste así como realizar a preinscrición.

DESENVOLVER APLICACIÓNS CON ARDUINO
Este obradoiro será impartido por Rabi Ouallam Jamladi e Esteban M Oubiña Lorenzo. Ten como obxectivos dar a coñecer a plataforma libre de prototipado electrónico Arduino, así como a linguaxe de programación empregada por esta ata poder conseguir desenvolver proxectos básicos con utilidade real. Na páxina do obradoiro pódese atopar máis información deste así como realizar a preinscrición.

Pin It on Pinterest

Share This