O Sábado 11 comeza a Akademy en Viena

Mércores, 8 Agosto 2018

A conferencia Akademy é o maior evento internacional da comunidade KDE, a cal é encargada de desenvolver o entorno de escritorio Plasma (anteriormente coñecido simplemente como KDE), as aplicacións KDE (como por exemplo krita, okular, gwenview, digikam, k3b, kdenlive, tellico, dolphin…), Plasma Mobile, KDE neon ou WikiToLearn.

Nesta conferencia participan dende desenvolvedores, deseñadores, usuarios, tradutores ata promotores arredor dos proxectos KDE, onde terán, ao longo dunha semana, charlas, obradoiros, relatorios, sesións de traballo e tamén outras actividade lúdicas importantes á hora de facer equipo e comunidade. O programa do evento pode verse nesta páxina.

A Akademy ven celebrándose en diversos emprazamentos en Europa dende o ano 2004 cunha periodicidade anual organizada en colaboración entre KDE e unha organización local, neste caso Fachschaft Informatik, dende mancomún destacamos que no 2015 este evento se realizou na Coruña grazas á Asociación GPUL e á Universidade da Coruña e baixo a colaboración da AMTEGA ao abeiro do convenio coas asociacións de software libre galegas.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal