Novas

  • Publicación versión final de MiniNo 3.0 “Queiles”, a distribución GNU Linux enfocada á reciclaxe de equipos informáticos antigos [Ler máis...]
  • Novo artigo sobre goberno aberto e software libre [Ler máis...]
  • O primeiro JoomlaDay de Galicia celebrarase en Vigo o 23 de setembro [Ler máis...]
  • Romanía está a desenvolver unha solución de intercambio electrónico de documentos [Ler máis... (En Inglés)]

Caso de éxito

Casos de éxito con Mapbox

Existen moitos casos de uso de Mapbox relacionados cos gobernos e distintas entidades pertencentes a administracións públicas. Na súa páxina web aparecen listados algúns dos máis relevantes, entre os que podemos destacar o portal de transparencia onde se mostra toda a inversión dos proxectos do Programa de Desenvolvemento da ONU, o programa de evacuación en caso de desastres naturais da cidade de Nova York.

Outro exemplo destacable é o da Comisión Federal de Comunicacións dos Estados Unidos, que emprega unha ferramenta creada coa plataforma de Mapbox como panel para a toma de decisións sobre a cobertura de acceso do ancho de banda en bibliotecas ou escolas públicas, por exemplo.

Proxecto destacado

Mapbox: Ferramentas de Software Libre para analizar o mundo

Mapbox poderíase definir como unha plataforma de ferramentas de software libre que permiten incorporar as tecnoloxías de información xeográfica a calquera outra aplicación, tanto en Web como en dispositivos móbiles. Aínda que tamén permite a creación de mapas en liña para usuarios finais, con información base de OpenStreetMap e a posibilidade de incorporar información propia en múltiples formatos, onde verdadeiramente se mostra como unha plataforma moi interesante e no primeiro caso.

Entre as ferramentas ou bloques, como eles os chaman, listos para incorporar a calquera aplicación destacan o de mapas, que permite engadir calquera tipo de mapa con calquera tipo de información; o de búsqueda, que permite atopar lugares nun mapa a través dunha dirección, dunhas coordenadas ou dun topónimo e o de navegación que permite integrar o enrutado para seguir indicacións de como chegar a un sitio concreto ou mesmo incorporar a información do tráfico en tempo real.


Formación e eventos


Segue a...

GalsTech (@galsTech_)

GalsTech son un grupo de mulleres galegas interesadas na tecnoloxía. Organizan diversas actividades a través da plataforma meetup

Pin It on Pinterest

Share This