Meetup de WordPress en Pontevedra

Xoves, 7 Setembro 2017

A asociación WordPress Pontevedra organiza unha sesión de meetup sobre WordPress para os vindeiros 21 e 23 de Setembro. A reunión forma parte do programa do evento Pont Up Store, unha iniciativa de apoio ao espírito emprendedor aberto a todos os cidadáns.

Os datos actuais estiman que WordPress é o xestor de contidos empregado na actualidade para o funcionamento de máis de 60 millóns de blogs. Entre as bondades de WordPress destacan ser un software con licenza libre, a súa simpleza, o fácil manexo e por ser mantido por unha comunidade de voluntarios que contribúen con milleiros de plugins e temas para personalización de webs.

WordPress Pontevedra organiza este evento como modo de presentación propia e, nunha primeira parte, farase unha revisión global de que é WordPress e de por que é o responsable do contido de software libre que xa está detrás do 27%.

Como segunda parte do evento, os asistentes poderán escoitar as experiencias de tres destacados membros da comunidade WordPress hispana que crearon a súa propia forma de vida grazas a WordPress. Estes membros da comunidade falaran das súas experiencias, dificultades, vantaxes e amosarán como se pode o puideran acadar grazas a esta plataforma. Estes son Mauricio Gelve, un dos referentes da comunidade española de WordPress, co-organizador do WordCamp Madrid, relator e desenvolvedor; tamén con Ibon Azkoitia, outro destacado membro da comunidade nacional e internacional, organizador do WordCamp Bilbao; e para finalizar Lúa Louro, deseñadora e desenvolvedora de WordPress que desde Ézaro lanzou a súa carreira logo de estudar Bellas Artes en Pontevedra grazas a WordPress.

Xa tedes todos os detalles da programación na páxina do evento en Meetup, asi que sen máis, dende Mancomún animamos a que asistades a este meetup xa que, como din os organizadores de WordPress Pontevedra, todos os perfís son benvidos neste evento, dende xente que apenas coñece a WordPress ata desenvolvedores, deseñadores, editores e outros profesionais que a utilizan no seu día a día.

WordPress no Centro Demostrador TIC Virtual

Se queres experimentar con WordPress, lembrámoste que dende o pasado Maio podedes solicitar a vosa propia instancia de avaliación no CDTIC Virtual, do Centro Demostrador TIC. Dende o pasado Maio o CDTIC virtual ofrece un novo demostrador baseado en

O CDTIC Virtual constitúe un servizo no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións en software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou de persoal con coñecementos avanzados de sistemas.

As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como empresas e profesionais na Web do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou as aplicacións que sexan do seu interese.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal