Hoxe vimos de publicar un novo artigo na sección de Artigos TIC. Trátase do artigo Plataformas de goberno aberto e Software Libre, no que se fai unha introducións ao concepto de goberno aberto e se profunda nas plataformas tecnolóxicas que lle dan soporte na actualidade, destacando as tecnoloxías de software libre que son principalmente as que están a sustentar ditas plataformas. Así mesmo farase un percorrido polas posibilidades que ofrecen, tanto para a administración pública como usuaria da mesma, como para as empresas como provedoras en potencia destas solucións e das tecnoloxías abertas que están detrás. Por último analízanse algunhas das plataformas máis empregadas na actualidade, todas elas de software libre.

Coa publicación deste novo artigo sobre goberno aberto e software libre ampliamos o alcance da sección de Artigos TIC ou Casos de éxito. Se ata o de agora centrabamos cada artigo nunha única solución tecnolóxica en software libre seguida de varias entrevistas a provedores e empresas usuarias da mesma para recoller a súa experiencia, o artigo que publicamos hoxe presenta unha comparativa dunha serie de solucións libres en torno a unha temática de interese, neste caso o goberno aberto. A partir de agora, combinaremos este tipo de artigos, todos eles co obxectivo de achegar solucións libres de interese para a nosa comunidade.

Aproveitamos para lembrar, que se algunha empresa conta no seu catálogo de servizos cunha solución libre e cun caso de éxito que poida divulgarse, estamos abertos a colaborar para difundilo a través do noso portal. Só é preciso que se poña en contacto con nós a través do noso formulario de contacto. Así mesmo se tedes algunha temática do voso interese, sobre a que vos gustaría coñecer alternativas en software libre, tamén podesde achegarnos as vosas suxestións.

Pin It on Pinterest

Share This