Número 37 – Boletín de Software Libre na Administración – Agosto 2017

Xoves, 3 Agosto 2017

Novas

Novas

  • Aberto o call for papers para a LibreCon 2017 de outubro en Santiago de Compostela [Ler máis…]
  • O exército británico migra a súa infraestrutura tecnolóxica a software libre [Ler máis…]
  • O concello de Ponteareas migra a Software Libre [Ler máis…]
  • O municipio albanés de Tirana avanza na súa migración a Software Libre engadindo Nextcloud á súa infraestrutura [Ler máis…]

Caso de éxito

Casos de éxito de Zimbra

Existen numerosos casos de éxito de emprego de Zimbra en diversos tipos de administracións públicas de tamaños moi diversos, máis de 1000 organizacións deste tipo están a empregar actualmente esta solución en todo o mundo. Na súa páxina web podemos atopar diversos casos de éxito de implantación desta solución en moitas administracións, e sen irnos moi lonxe, por exemplo a Universidade da Coruña, emprega Zimbra como solución para todo o seu correo electrónico.

Porén neste boletín queremos destacar un caso de éxito en particular, que aínda que non se corresponde cunha administración pública resulta de interese por ser unha migración dende a solución privativa Exchange a Zimbra, xa que Exchange é unha das solucións máis empregadas para o correo electrónico por parte das administracións, cando como se pode ver neste caso de éxito é posible empregar software libre e conseguir incluso mellores resultados.

Proxecto destacado

Zimbra: Servizo de correo electrónico de Software Libre

Zimbra é unha suite de correo electrónico que inclúe a parte de servidor e tamén de cliente. Está publicado baixo a licenza de software libre Yahoo Public License, xa que no ano 2007 este software foi adquirido pola compañía estadounidense Yahoo, quen acordou manter a solución como software libre.

Zimbra é unha completa suite que inclúe ademais de correo electrónico, calendarios, así como unha serie de aplicacións de todo tipo que se poden ir instalando como complementos dependendo das necesidades. Está baseado en diversos proxectos de software libre e sen dúbida o seu forte é a parte de correo electrónico. A parte de servidor é unha solución moi potente que permite xestionar un gran volume de contas de correo para organizacións de calquera tamaño. Conta tamén cun cliente propio pero ademais é compatible con moitos outros clientes, tanto libres como mesmo privativos.

As versións actuais son modernas e vistosas, buscando a sinxeleza para o usuario. Conta tamén con aplicacións para dispositivos móbiles e mesmo cunha versión empresarial que engaden soporte profesional completo, orientada a grandes organizacións.

Segue a…


Ana Cidre (@AnaCidre_)

Desenvolvedora web, organizadora dos grupos @railsgirlsGAL e GDGVigo. Precursora de GalsTech, unha iniciativa para unir ás mulleres con interese en tecnoloxía en Galicia.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal