• AGASOL e ASOLIF organizan a LibreCon 2017 que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os próximos días 19 e 20 de outubro.
  • Industria 4.0, sector primario e economía colaborativa serán as temáticas principais da LibreCon 2017
  • O call for papers está xa aberto ata o 10 de setembro

Santiago de Compostela será un ano máis a anfitrioa da LibreCon organizada por AGASOL e ASOLIF. Esta sétima edición do maior encontro empresarial do software libre, estará orientado a achegar solucións TIC Open Source aos novos retos da Industria 4.0 e ao Sector Primario. Ademais haberá un track especial adicado á Economía Colaborativa.

Dende a organización da LibreCon2017 afirman que as tecnoloxías libres son, para o sector empresarial en xeral, una alternativa rendible que proporciona unha oportunidade de negocio, e que teñen moito que contribuír tamén nun mundo no que se está a crear un novo paradigma de industria intelixente dominado pola Industria 4.0 con todos os procesos interconectados por Internet das Cousas (IoT). Pola súa parte o sector primario está vivindo unha revolución utilizando os estándares abertos como o Big Data, liderados por solucións Open Source, que melloran a eficiencia nos procesos produtivos acadando así competir en mercados cada vez máis agresivos.

Call for papers

O período para o envío de relatorios e participación na LibreCon 2017 está xa aberto ata o vindeiro 10 de setembro.

Dende a organización da LibreCon quérese contar cunha gran asistencia de participantes que acheguen a súa experiencia e coñecemento, polo que animan a achegar calquera proposta de participación. Así aínda que as temáticas centrais están determinadas pola Industria 4.0, o Sector Primario e a Economía Colaborativa, tamén é posible enviar relatorios relacionados con outras temáticas que consideredes interesantes, sempre ao redor do Software, Hardware e Coñecemento Libre.

Una vez avaliadas as ponencias recibidas por parte do equipo de LibreCon poranse en contacto cos diferentes participantes para informar sobre o estado das ponencias. Unha semana antes do evento comunicaranse todas as ponencias aceptadas e procederán a enviar o documento “LibreCon 2017: Termos e condicións para ponencias / obradoiros e demos”. Todos os poñentes terán dereito ao abono de acceso completo ao evento.

LibreCon, outras formas de participar

LibreCon é un evento de nivel mundial con expertos de distintos ámbitos e organizacións internacionais, que en anos anteriores, contou coa presenza de Audrey Tang, Ministra Digital de Taiwán; Chema Alonso, CDO de Telefónica; Justine Masika, Coordinadora de Synergie des Femmes; Juan Herrera, Responsable Técnico de SUSE España; Victor Palau, Vicepresident at Canonical; Roberto Zompi, Vicepresident at GENIVI and Advanced Engineering Manager in Infotainment and Navigation in Magneti Marelli; Dominig ar Foll, Senior Arquitect Software in Intel Open Source; Jim Groom, Director of Division of Teaching&Learning Technologies at Mary Washington University; Tin Hang Liu, CEO at OSVehicle; Peter Hofmann, Lider do proxecto LiMux e responsable do proxecto de migración a Software Libre da cidade de Munich; Stephan Dumond, Mayor da Gendarmería Francesa ou Jim Whitehurst, Presidente de Red Hat.

Este ano a organización está traballando para contar novamente con poñentes de relevancia internacional que expoñan a súa visión sobre o uso e o desenvolvemento de tecnoloxías abertas. Mais non é a única forma de participar na LibreCon, tamén é posible facelo como Patrocinador ou como Expositor. A zona de exposición de LibreCon está pensada como un espazo innovador e aberto adicado á xeración de coñecemento e oportunidades de negocio onde as empresas do sector darán a coñecer as últimas novidades dos seus produtos e servizos. Se non queres perder esta excelente oportunidade podes reservar xa o teu espazo. Por outra parte, como o maior punto de encontro para coñecer as últimas tendencias do sector das tecnoloxías abertas aplicadas á Industria 4.0 e ao sector Primario, LibreCon constitúe un espazo de gran valor para a participación das marcas a través das distintas modalidades de esponsorización.

Na web da LibreCon 2017 pódese consultar toda a información sobre o evento, así como contactar coa organización do mesmo. Así mesmo para ter a información de última hora pódese seguir a Librecon nas redes sociais twitter ou facebook.

Pin It on Pinterest

Share This