Novas
- A cidade de Berna planifica a migración a Open Source
- O exercito italiano move os seus primeiros 8000 ordenadores a LibreOffice
- Publicación do listado de aplicacións destacadas do CTT para o primeiro semestre do 2016
- Publicada a nova versión distribuíble de Inside
- Publicada a versión 3.20.14 de KOHA ILS
- MutualiTIC, unha nova ferramenta de xestión de recursos TIC vai ser liberada en Francia como software libre
- Incentivos para Open Data na Educación en Irlanda do Norte
- Chamada da EU-FOSSA para contribuir na ferramenta KeePass
- Financiamento público, Software Libre
- Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre entra na súa fase final
Formación e eventos
- Eventos: Eventos sobre datos abertos en Madrid durante o mes de outubro
- Hackatón: Hackatiño de Datos Abertos na Coruña
Caso de éxito
Migración a un SIX Libre no concello de Newcastle
O caso de éxito que presentamos foi presentado na pasada International QGIS Conference, que se celebrou en España, en Girona, e que trata sobre a migración dunha administración pública, neste caso o concello de Newcastle á un sistema de información xeográfica corporativo, no que se empregou como base QGIS. Deixamos o enlace tanto á presentación como ao vídeo da mesma, ambos en Inglés.
O proxecto supuxo unha migración completa motivada entre outras cousas polos altos custos de mantemento da solución privativa que tiñan ata ese momento, non só en licenzas senón en necesidades de hardware para acadar un rendemento aceptable ou debido á infrautilización das funcionalidades polas que estaban a pagar.
Proxecto destacado

QGIS: Sistema de Información Xeográfica libre
QGIS é un Sistema de Información Xeográfica (SIX) de Código Aberto licenciado baixo GNU – General Public License. QGIS é un proxecto oficial da Open Source Geospatial Foundation (OSGeo). Funciona sobre Linux, Unix, Mac OSX, Windows e Android e soporta numerosos formatos e funcionalidades de datos vectoriais, datos ráster e bases de datos.
É un proxecto xestionado por voluntarios, onde calquera persoa está invitada a colaborar ben sexa como desenvolvedor, tradutor, xerando documentación ou dando soporte aos usuarios. Este carácter voluntario non quita que conte, por exemplo, cunha infraestrutura estable que lle permite mesmo ofrecer soporte comercial a través de potentes organizacións.
Segue a…

Tim Sutton (@timlinux) Presidente do Comité de Dirección Técnica do proxecto QGIS.
