Logo do proxecto de migración LibreDifesaO exercito italiano acaba de comenzar a implantación de LibreOffice nos equipos de traballo baixo e seu control. Trátanse dos primeiros 8000 computadores nos que o software de código aberto substituirá á anterior suite ofimática.

Durante os vindeiros catro anos, o proxecto LibreDifesa pretende migrar todos os 100.000 postos de traballos dos militares italianos a LibreOffice. Esta acción converteríase de feito na transición a software libre máis grande feita por calquera das administracións estatais dentro da Unión Europea. Co proxecto LibreDifesa o goberno italiano estima un aforro en custos de licenza de entre 26 a 29 millóns de euros.
Para os militares, os principais motivos para o cambio de tecnoloxía é a interoperabilidade do uso dunha ferramenta libre multiplataforma e o uso de documentos de formato aberto non dependentes de ningún software privativo como garantía para o posterior acceso e recuperación.

A substitución da actual combinación de versións antigas e novas de suites de ofimática propietarias por LibreOffice axuda á reestruturación do departamento TI e á mellora dos procesos TIC internos. Trátase en definitiva dunha re-enxeñería de procesos para adecuar a xestión e mantemento dos documentos.

O programa está tendo o soporte e colaboración voluntaria de LibreItalia para a formación do persoal de apoio. Tamén se está axudando a introducir o LibreOffice aos altos funcionarios do goberno e axudándose a preparar a campaña de comunicación que explique publicamente o motivo do cambio. Nestes casos, como comenta Sonia Montegiove, analista de software ao cargo da supervisión dos militares no proceso de cambio, o principal escollo é superar a resistencia ao cambio dos usuarios “os usuarios quéixanse pero a comunicación supera á resistencia ao cambio, creando un sentido de propiedade”.

Pin It on Pinterest

Share This