O software desenvolvido con fondos públicos deben de ser posto a disposición como Software Libre e de código aberto, eso é o que se conclúe despois de oír as verbas da eurodeputada Julia Reda. Compartir o código fonte debe ser un estándar nos contratos de TI en toda a UE

Moitas administracións públicas xa recoñecen como o Software Libre e de código aberto permiten modernizar os seus servizos de TI, liberarse de dependencias con provedores, e axuda a reducir os custos. A membro do Parlamento Europeo, Julia Reda vai un paso máis alá nas súas declaracións do pasado 4 de setembro, no Software Libre Summit Foundation Europe , en Berlín: "Un goberno que asuma a súa responsabilidade ante o público en serio, entón terá que asumir a responsabilidade e contribuirá ao Software Libre".


O software utilizado polos gobernos é unha parte dos servizos públicos, como as rúas, as vías férreas e infraestrutura de telecomunicacións o son, dixo Reda. Compartir o código fonte é unha forma de incluír a tódolos cidadáns e un instrumento importante para que a sociedade de permaneza autónoma.

Un exemplo é o do escándalo coas emisións de gases contaminantes da fabricante de automóbiles de Volkswagen, dixo Reda. O sistema de control de emisións dos automóbiles é principalmente software e non están obrigados a mostrar o seu funcionamento aos reguladores. Outros exemplos inclúen máquinas de votación, ou sistemas de previsión de delitos usados pola policía. "Se non se sabe como software funciona, non se pode descubrir máis acerca de posibles erros internos ou prexuízos".

Nestes e noutros casos, os fabricantes declaran o seu software un segredo comercial, bloqueando o acceso, mesmo para os reguladores.

Julia Reda pediu aos grupos de defensa como a Free Software Foundation Europe facer para que os gobernos comprendan a relevancia do Software Libre e de código aberto. Conclúe con que estes axentes deben facer lobby por unha lei que faga que todo o software con financiamento público esté dispoñible ao público.

Discurso completo de Julia Reda aquí.

Pin It on Pinterest

Share This