Logotipo da Comisión EuropeaSegundo o xa anunciado por parte da EU-FOSSA (EU Open Source Software Auditing) a ferramenta KeePass foi seleccionada para ser revisada e mellorada como proxecto piloto para detectar posibles problemas de seguridade.

Este traballo está a piques de comenzar, polo que a FOSSA fai un chamamento á comunidade para participar na contribución a KeePass nesta primeira etapa do proxecto.

O equipo de KeePass traballará na revisión xunto coas partes interesadas, polo que pode ser bo momento para iniciar a contribución ao proxecto. Para todos os interesados, a FOSSA pon a disposición a dirección DIGIT-OSS-STRATEGY@ec.europa.eu.

A evolución da revisión de código pódese seguir mediante a consulta das actualizacións publicadas pola Comunidade FOSSA UE, baixo a páxina de rexistro de revisión de código.

O piloto proposto pola FOSSA ten intención de dar un enfoque sistemático paras institucións da UE para asegurarse de que os compoñentes clave de código aberto amplamente utilizados poidan ser de confianza. O proxecto tamén establecerá nun futuro un modo operativo no que as institucións da UE contribúan á integridade e seguridade, clave no software de código aberto.

Máis información na web do Proxecto da UE-FOSSA.

Pin It on Pinterest

Share This