Interface de MutualiTICDende Francia chéganos un novo caso de liberación de software orientado á xestión municipal. Neste caso trátase da ferramenta denominada MutualiTIC, que desenvolveu Cogitis, un provedor de servizos TIC, para a administración francesa.

Esta ferramenta permite monitorizar os recursos TIC, ofrecendo un panel de control orientado á xestión municipal de ditos recursos, facilitando a súa monitorización e control.
A ferramenta está construída en base a diferentes compoñentes de software libre, como son a solución WebCFC, para a xestión de fluxos de traballo, a de firma electrónica iParapheur, ou o bus de servizos empresariais Pastell.

A publicación desta solución como software libre está prevista para o vindeiro mes de outubro. Entre as razóns que destacan por esta aposta polo software libre, dende o propio provedor destacan o amplo ecosistema de compoñentes de software libre, a cantidade de provedores locais e a importancia de poder ter o total control sobre o software.

Pin It on Pinterest

Share This