|
Existen moitos casos de éxito de Scylla, tanto en empresas privadas coma en entidades públicas. Na páxina de Scylla poden verse varias das experiencias destes usuarios.
Dende Mancomún destacamos o caso de éxito do CERN que foi quen de optimizar os seus recursos informáticos empregando Scylla nos seus proxectos. O CERN, debido aos seus proxectos de investigación xera xigantescas cantidades de información e para poder analizar e procesar estes datos, precisa acceder a eles tendo un rendemento o maior posible e unha latencia mínima. Á hora de escoller un sistema xestor de bases de datos, realizaron varias probas usando Apache Cassandra e Scylla, obtendo uns resultados seis veces mellores con Scylla, como consecuencia adoptaron Scylla como solución.
|
|
Scylla é un software xestor de base de datos NoSQL distribuída e software libre que se deseñou para ser compatible con Apache Cassandra. Soporta os mesmos protocolos ca Cassandra e os mesmos formatos de ficheiros, a grande diferencia é que Scylla foi escrita en C++, mentres que Cassandra está escrita en Java, o que o fai ter un rendemento máis alto e latencia menor.
Scylla comezou en 2014 coma un proxecto no que se reescribiría Apache Cassandra en C++ e cara finais de 2015 foi liberada a primeira versión con licenza libre (AGPL) e o seu código está dispoñible en GitHub, a maiores do proxecto Scylla tamén existe a empresa ScyllaDB que é a empresa que se encarga do desenvolvemento do proxecto, mantemento e a maiores tamén ofrece licenzas "Enterprise" de Scylla, que inclúen diversos servizos como soporte, priorización na resolución de erros, etc.
|