A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, lanzaron no ano 2020 a terceira edición do programa ‘GIRL STEM: derrubando estereotipos’, que busca reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de persoas matriculadas.

De forma similar, no campo da informática e das telecomunicacións, a problemática da presenza femenina é parecida (incluso peor no tocante á porcentaxe de mulleres matriculadas nestas carreiras).

Partindo deste contexto, no mundo do software libre vamos atoparnos coas mesmas cifras, polo que para contrarrestalo, dende Mancomún vimos traballando para visibilizar a existencia de mulleres no software libre.

Aproveitando que rematou o ano, fixemos un repaso das mulleres que pasaron polos micros de Mancomún Podcast neste artigo TIC e no último programa de Mancomún Podcast.

Como podedes ver, no ano 2020 en Mancomún Podcast, tocamos diferentes eidos relacionados co mundo do software libre e tivemos conversas moi interesantes con mulleres que traballan, estudan, investigan e divulgan estas temáticas que tanto nos gustan.

Esperamos para o 2021, seguir contando con máis testemuñas deste nivel.

Pin It on Pinterest

Share This