Xoves, 14 Xaneiro 2021 |

#46-Mancomún Podcast: Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

Episodio 46

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, lanzaron no ano 2020 a terceira edición do programa ‘GIRL STEM: derrubando estereotipos’, que busca reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de persoas matriculadas.

O programa achegou seis conversas gravadas con mulleres referentes, que achegaron a súa experiencia ás rapazas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos.

Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast

De forma similar, no campo da informática e das telecomunicacións, a problemática da presenza feminina é parecida (incluso peor no tocante á porcentaxe de mulleres matriculadas nestas carreiras).

Partindo deste contexto, no mundo do software libre vamos atoparnos coas mesmas cifras, polo que para contrarrestalo, dende Mancomún vimos traballando para dar visibilidade á existencia de mulleres no software libre. Aproveitando que rematou o ano, vamos facer un repaso das mulleres que pasaron polos micros de Mancomún Podcast.

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Enlaces mencionados no programa

Asociación Galega de Empresas de Software Libre https://www.agasol.gal/ GIRL STEM: derrubando estereotipos https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/girl-stem

As músicas usadas neste programa foron

Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/girl-stem Canción "Leavin The Lights" by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0 https://audionautix.com/ Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal