Novas

Na iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra vai ter lugar un obradoiro sobre FreeCAD dividido en dúas xornadas, a primeira será o 16 de outubro e a segunda o 18 de outubro, ambas en Barro-Meis.

O CNTG impartirá un curso práctico sobre Arduino, a plataforma de prototipado electrónico libre con implantación crecente na docencia e industria 4.0.

A asociación Galpou anunciou a liberación da distribución para equipos obsoletos MiniNo Queiles 3.1 LTS.

Comezando o "curso escolar" dos eventos das asociacións con obradoiros previos á OSHWDem organizados por Bricolabs, así como tamén comezou unha nova etapa do Coruña Hacks.

Este outono comeza con unha nova edición da publicación dixital Xeración Ñu.


Proxecto destacado

logo WooCommerce Jitsi é unha solución multiplataforma de videoconferencia, telefonía VoIP e mensaxería instantánea, está licenciada baixo a Apache 2.0. A solución completa está composta por dúas ferramentas, o Jitsi Videobridge e o Jitsi Meet.

O Jitsi Videobridge é un servidor XMPP deseñado para soportar milleiros de comunicacións por vídeo compatibles con WebRTC. O Jitsi Meet é a aplicación de cliente, trátase dunha aplicación web que ademais conta con aplicación para IOS e Android. A maiores de poder realizar videoconferencias tamén conta con soporte de chat e telefonía alén de funcionalidades como compartir o escritorio e a posibilidade de editar documentos de forma conxunta usando Etherpad.


Ligazóns de interese

Pin It on Pinterest

Share This