Xeración Ñu é unha publicación dixital galega sobre cultura libre que naceu nesta primavera coa idea de dar a coñecer e afondar na cultura libre galega tendo un enfoque non só no software e hardware senón tamén traendo á palestra a filosofía libre e as áreas máis creativas como a música, fotografía e edición gráfica.

Esta terceira edición, a número 2, conta con diversos artigos das temáticas que veñen ofrecendo dende os seus comezos. Maria José Ginzo fálanos sobre a visualización de datos coa biblioteca en R Shiny, Fernando Vicente realiza un repaso ás novidade da última versión de Gimp, Arantxa Serantes deléitanos con unha entrevista a Richard Stallman, Miguel Branco cóntanos as ferramentas libres que emprega no seu día a día, Alejandro Rodríguez fálanos da mesa de misturas libre Mixxx, Miguel Ángel Rodríguez elaborou unha revisión do programa de terminal para Android Termux, Jorge Lama fálanos da asociación MeLiSa, mentres Elsa Martínez e Guillermo Garabatos móstrannos os seus traballos artísticos libres, de debuxo e fotografía respectivamente.

O novo número da publicación está dispoñible tanto en galego como en castelán.

Pin It on Pinterest

Share This