Mancomún

Número 03 – Boletín Software Libre na Empresa – Agosto 2017

Venres, 25 Agosto 2017

Novas

LibreOffice segue a consolidarse como unha solución de ofimática profesional completa. A súa nova versión 5.4 xa está dispoñible con varias novidades e moitas melloras.

As plataformas de Goberno Aberto son cada vez máis habituais nas diferentes administracións públicas, o que abre novos nichos e oportunidades para as empresas que queiran dar soporte a estas. Este mes publicamos en Mancomún un artigo no que falamos deste tipo de plataformas e comentamos as principais en Software Libre.

O vindeiro mes de Outubro celebraráse en Santiago de Compostela unha nova edición da LibreCon, un evento de referencia que xunta a todo o sector do software libre en España e no que participan expertos de todo o mundo. Está aberto xa o Call for Papers, polo que se a súa empresa ten interese en participar pode enviar xa a súa proposta.

Proxecto destacado

Odoo é un sistema de ERP (Entreprise Resource Planning nas súas siglas en Inglés) de código aberto. Destaca por ser un ERP moi sinxelo pero tamén moi potente e altamente personalizable e adaptable grazas á grande cantidade de módulos dispoñibles, que poden ser integrados como plugins. Grazas a estes módulos pode ser fácilmente personalizado e adaptado as necesidades de xestión de calquera empresa.

Está dispoñible para ser instalada nun servidor propio, presentando unha arquitectura cliente-servidor, ou dende a versión 6.0, a empresa que se encarga do seu desenvolvemento, OpenERP S.A. ofréceo tamén como servizo na nube.

Algúns dos módulos máis destacables que trae por defecto son:

  • Xestión de compravenda
  • Xestión de proxectos
  • Xestión de almacéns e inventario
  • Contabilidade analítica e financeira
  • Xestión de recursos humanos
  • Campañas de mercadotecnia

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal