Liberado LibreOffice 5.4

Luns, 31 Xullo 2017

A versión 5.4 de LibreOffice xa está dispoñible para o público na súa versión de lanzamento estable. Esta última versión da ben coñecida e estendida suite ofimática de licenza libre trae consigo optimizacións de espazo nos documentos xerados, melloras no procesado de arquivos PDF e EMF e, como nova funcionalidade, o soporte para a firma de documentos usando firmas OpenPGP que permite confidencialidade e transmisión segura de documentos xerados por esta suite.

No referente ao idioma, o paquete de localización a galego xa se pode obter dende o apartado de descargas en libreoffice.org.

LibreOffice é un software dirixido e desenvolvido por unha comunidade que é un proxecto da organización sen ánimo de lucro, The Document Foundation.

Coma adoitamos dicir aquí en Mancomún, a comunidade detrás de LibreOffice é o corazón do proxecto, sen o que non se poderían dispoñer dos recursos para desenvolver o software. A paixón e iniciativa que trae cada individuo á comunidade, resulta nun desenvolvemento colaborativo que excede as expectativas e no que todo o mundo que o desexe pode formar parte de múltiplas maneiras.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal