Novas

  • Nace a publicación dixital Xeración Ñu [Ler máis...]
  • Publicado o terceiro artigo da serie de artigos tecnolóxicos dedicados a Sistemas de Información Xeográfica [Ler máis...]
  • O goberno francés escolle Matrix e Riot para o seu sistema de mensaxería [Ler máis...]
  • A última versión de Ubuntu acaba de liberarse [Ler máis...]
  • A administración alemá empregará Nextcloud para a súa nube privada [Ler máis...]

Caso de éxito

Existen unha infinidade de casos de éxito de MariaDB, tanto en empresa privada, como en administracións públicas. Algún destes casos de éxito poden ser Wikipedia, WordPress, Google... Na páxina de MariaDB poden verse diversas historias de casos de uso. O caso de éxito que presentamos é o do Ministerio de Educación Superior e Investigación de Luxemburgo que levaba tempo empregando MySQL como xestor de bases de datos para as aplicacións webs que teñen para as súas tarefas administrativas relacionadas cos estudantes, usuarios, titulacións e cualificacións.

A administración pública de Luxemburgo ten un firme compromiso co software libre e despois da compra de MySQL por Oracle e estando descontentos con certos cambios no proxecto decidiron migrar a MariaDB. Debido á alta compatibilidade entre MySQL e MariaDB, esta migración puideron realizala sen maiores complicacións. A maiores de empregar MariaDB tamén desenvolveron un complemento para realizar a auditoría dos accesos aos datos debido á sensibilidade destes neste caso de uso.

Proxecto destacado

MariaDB é un sistema xestor de bases de datos, que naceu partindo de MySQL no 2009. Despois da compra por parte de Oracle da empresa Sun Microsystems, houbo un montón de parte da comunidade de MySQL que decidiu facer un fork do proxecto para garantir que seguise sendo software libre, de feito o proxecto MariaDB está composto solo por compoñentes libres, liberados con licenzas GPL, LGPL e BSD e a maiores tamén mantén toda a información relacionada co desenvolvemento de forma pública, como pode ser o plan de desenvolvemento, a xestión de erros... Aínda que MariaDB e MySQL son xa sistemas distintos entre si, MariaDB segue mantendo unha alta compatibilidade con MySQL, dependendo entre que versións se comparen, isto facilita a migración de MySQL a MariaDB.

MariaDB está considerado un xestor relacional aínda que nas versións modernas ten tamén funcionalidades para BigData que permiten utilizar motores de almacenamento como Cassandra, as últimas novidades de MariaDB tamén teñen certas funcionalidades GIS e JSON. MariaDB ademais de ser o proxecto, tamén é unha empresa que desenvolve e ofrece produtos e servizos arredor do proxecto principal e que tamén colabora co propio desenvolvemento de MariaDB.


Formación e eventos


Segue a...

Daniel Bartholomew (@daniel_bart)
Release Manager de MariaDB, administrador de sistemas do proxecto MariaDB e autor de tres libros sobre MariaDB

Pin It on Pinterest

Share This