O goberno francés ven de anunciar a adopción da súa propia mensaxería instantánea securizada da man de Matrix e de un fork de Riot.im. Un dos obxectivos desta medida é deixar de empregar Whatsapp e Telegram para os asuntos oficiais. A nova chéganos a través do blog de Matrix, que fixo eco desa boa nova para o seu proxecto.

Matrix é un estándar e servizo de comunicación descentralizada e instantánea a través de internet, que nos permite ofrecer sobre el varios servizos como mensaxería instantánea ou chat, videoconferencias, envío de ficheiros, chamadas de voz… Este servizo, garante a seguridade dos datos e permite o cifrado extremo a extremo das comunicacións.
A parte do tipo de comunicación puramente a través de Matrix, tamén permite empregar pontes entre outros sistemas de comunicación como IRC, Slack… Temos a posibilidade de instalar o software en infraestrutura propia ou empregar os servizos de terceiros.
Matrix non limita o seu uso a un cliente determinado podendo así empregar calquera cliente que cumpra co estándar aínda que o máis coñecido é Riot, este é un cliente web que tamén contando con versións para Android, IOS, Windows, GNU/Linux e MAC OS.

Outra das razóns polas que o goberno francés se decantou por este sistema de comunicación é que existe a posibilidade de implantar clientes que empreguen Matrix en teléfonos profesionais que son empregados polo goberno.
Para levar a cabo esta implantación primeiro van realizar un desenvolvemento dunha duración de 3 meses nos que os desenvolvedores franceses estenderán as funcionalidades de Riot e aumentarán o soporte do cliente para que este cumpra coa interoperatibilidade chegado a todas as plataformas necesarias.

Pin It on Pinterest

Share This