Hoxe continuamos a serie de artigos tecnolóxicos centrados nas ferramentas de información xeográfica, coñecidos como SIX ou GIS do inglés Geographic Information System.

Dentro desta temática, comezamos cun artigo centrado na solución de escritorio QGIS xa que anteriormente se realizara un artigo sobre gvSIG e posto que estas son as dúas ferramentas de escritorio máis empregadas tamén publicamos un artigo que comparaba ambas as dúas opcións e tamén nos recordaba que existían outra máis que nos podían resultar interesantes para os nosos traballos xeoespaciais.

Neste terceiro artigo falamos de outro tipo de Sistemas de Información Xeográfica, os GIS que nos permiten poñer en marcha servizos e portais web os cais nos dan a capacidade de tratar datos de información xeográfica sen a necesidade de instalar un software específico nos nosos equipos e facelo a través do navegador.

Pin It on Pinterest

Share This