Este mércores 9 de maio no Vivero de empresas Accede Papagaio a Asociación Universitaria Grupo de de Programadores e Usuarios de Linux, coñecida como GPUL, continúa a serie de conferencias, talleres e charlas “GPUL Labs“, que xa anunciamos previamente e na que teñen lugar eventos diversos ao longo do ano arredor de tecnoloxías libres onde se dan cita, estudantes, profesores, profesionais do sector e afeccionados ás novas tecnoloxías para difundir proxectos e solucións de software, hardware e coñecemento libre.

A sesión desta semana, titulada “Montando una toolchain de Perl con Ansible y GNU stow“, é impartida por Francisco J. Tsao, DevOp en Rentalia, que nos contará a solución que adoptaron en Rentalia utilizando GNU Stow e Ansible para montar unha toolchain de Perl. A utilidade de empregar estas ferramentas ven dada polos procesos e procedementos que se teñen que realizar nas máquinas de testing, produción e demais entornos e sistemas logo de que se actualice a versión dunha linguaxe de programación. Estas ferramentas proporciónanos un xeito de automatizar e ordenar todos estes procesos para que sexan realizados dunha forma repetible e verificable.

Podedes apuntarvos na páxina de meetup do evento.

Pin It on Pinterest

Share This