Mancomún

Número 41 – Boletín de Software Libre na Administración – Decembro 2017

Mércores, 13 Decembro 2017

Novas

  • Dell lanza 5 novos ordenadores preinstalados con Ubuntu [Ler máis…]
  • O goberno dos Países Baixos publica como software libre o software para o rexistro básico de persoas, seguindo así a campaña de “Public money, public code” da FSFE [Ler máis… (En Inglés)]
  • A axencia de modernización do Reino Unido aconsella o uso e a publicación de código aberto [Ler máis… (En Inglés)]
  • Letonia actualiza o seu plan de goberno aberto [Ler máis… (En Inglés)]

Caso de éxito

Diversas entidades empregan OpenNebula para a xestión da súa infrastrutura na nube, a lista vai dende empresas TIC, bancos, centros de supercomputación, universidades e administracións.

Dentro destas entidades está o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), que o emprega con éxito en diversos proxectos. Un exemplo deles foi Rural School Cloud que tratou de achegar, con éxito, recursos TIC a escolas unitarias en varios países europeos.
Este proxecto empregou diversas ferramentas no ámbito das tecnoloxías cloud, entre estas están OpenMeeting, OwnCloud e o propio OpenNebula.

Proxecto destacado

OpenNebula é unha plataforma de software libre de computación na nube, conta cunha licenza Apache versión 2. Con ela pódense xestionar infraestruturas de CPD heteroxéneo e distribuído.

OpenNebula foi iniciado no 2005 como un proxecto de investigación por dous españois en Madrid (Ignacio M. Llorente e Rubén S. Montero), posteriormente fundaron unha empresa que pasou a ser de ámbito internacional, OpenNebula Systems, a que actualmente se encarga do mantemento e o soporte do proxecto.

A misión desta plataforma é dotar aos usuarios dunha ferramenta de xestión de infraestrutura fiable, barata, simple, flexible, aberta e libre.

Publicacións

Recopilamos varios artigos relacionados coa ciberseguridade que están sendo publicados no portal Mancomún:

Segue a…

Ignacio M. Llorente (@imllorente)
Ignacio é director e cofundador de OpenNebula e profesor visitante na Universidade de Harvard.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal