Os temas relacionados coa seguridade da información e das comunicacións é un asunto de extremada relevancia hoxe en día para a Unión Europa (UE) no momento actual. Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea manifestaba recentemente, durante o seu discurso sobre o estado da UE na Eurocámara, a necesidade da creación dunha Axencia a nivel europeo para poder previr a cibercriminalidade xa que nas súas propias verbas a UE “está mal equipada de cara aos ciberataques”.

Na Axencia da Unión Europea para a Seguridade de Redes e Información (ENISA), o centro de coñecementos sobre as redes e a seguridade informática que ofrece os seus servizos á Unión Europea, traballase na actualidade para desenvolver consellos e recomendacións sobre boas prácticas en seguridade da información.

O que busca ENISA é mellorar a experiencia nos Estados membros da UE apoiando o desenvolvemento transfronteirizo das comunidades comprometidas coa mellora da seguridade da rede e da información en toda a UE. ENISA é parte integral do que se coñece como a Estratexia de Seguridade Cibernética da Unión Europea.

No artigo que publicamos hoxe en Mancomún, Ciberseguridade na Unión Europea, parámonos a falar de este asunto e da importancia para Europa das decisións que se tomen sobre a  escolla dos protocolos correctos cara á efectividade no control dos riscos na seguridade.

https://www.mancomun.gal/artigo-tic/ciberseguridade-na-union-europea/

Artigos relacionados

SCAP (1/4): Seguridade nas TIC e o modelo SCAP

SCAP (2/4): A Guía de Seguridade SCAP

SCAP (3/4): Usando OpenSCAP

Pin It on Pinterest

Share This