Este ano cúmprense 10 anos dende que o xigante da tecnoloxía Dell comezara a comercializar computadoras con Ubuntu como sistemas operativo.

Primeiramente nos Estados Unidos, estendéndose pouco tempo despois a vella Europa, Dell continúa a pular por esta exitosa estratexia nos seus novos modelos.

Ao abeiro do chamado proxecto Sputnik, Dell ofrece equipos de alta gama, con Ubuntu 16.04 LTS como sistema operativo, co obxectivo de chegar ao desenvolvedores de software. Todos os equipos que se ofertan son de altas prestacións, incluíndo en todos os casos os micro procesadores da sétima xeración Intel Core e Intel Xeon e memoria DDR4.

Precision 5720, estación de traballo All-in-One e Precision 5520, 3520, 7520 e 7720, na gama portátil, son as novidades nas que poderemos desfrutar do operativo estrela de Canonical.ell

Esperamos que veñan outros 10 anos máis de éxitos na conxunción Dell/Ubuntu e que isto axude a difundir o software libre xa non so entre os desenvolvedores se non tamén entre o público en xeral.

Pin It on Pinterest

Share This