Zabbix en alta dispoñibilidade

O uso dos proxy Zabbix consegue minimizar a carga de traballo do servidor Zabbix, permitindo simplificar as esixencias de recursos físicos do servidor. Isto mesmo permite tamén ver como solución elegante e factible a aplicación dun sistema de alta dispoñibilidade (HA nas súas siglas en inglés) Activo-Pasivo no servidor central da arquitectura. O que se plantexa é que estaremos nun sistema onde o servidor Zabbix é un binomio de dous servidores no que o segundo actúa de respaldo ante caídas ou fallos do primeiro.

Zabbix HA

Zabbix HA

 

Na parte servidor de Zabbix pódense identificar tres partes ben diferenciadas que mesmo son susceptibles de ser distribuídas en servidores distintos. Trátase do frontend web escrito en PHP e que serve como panel de control e como API XML-RPC de acceso aos datos; a base de datos que tanto pode ser SQLite, Mysql ou PostreSQL; e o servidor zabbix-server escrito en C e que implementa a lóxica de adquisición e provisión das medicións e accións efectuadas.

As alternativas para aplicar un modelo de HA no servidor Zabbix son múltiples como múltiples son as solucións de HA actualmente no mercado, entre elas LVS con Heartbeat ou Pacemaker HA Proxy poderían ser as máis espalladas e documentadas.

Finalmente, no que se refire a clusterización da base de datos para alta dispoñibilidade, a decisión pode ir moito máis polas preferencias da organización para o uso dun ou outro xestor de bases de datos xa que tanto MySQL como PostgreSQL ofrecen hoxe en dia excelentes alternativas para clustering.

Java gateway

Zabbix completa a súa arquitectura co que se coñece como o Zabbix Java Gateway e que é soporte nativo de Zabbix para a supervisión de aplicacións Java (JMX) e que está en Zabbix dende a versión 2.0.

Zabbix Java Gateway

Zabbix Java Gateway

Sen entrar en detalles, Zabbix Java Gateway é un demonio escrito en Java que usa a API de xestión JMX para consulta da información remota. A aplicación Java remota non precisa ningún software adicional instalado, só ten que ser iniciado coa opción -Dcom.sun.management.jmxremote na liña de comandos e pode ser supervisada xa por Zabbix. A pasarela de Java acepta entón a conexión entrante do servidor ou o proxy Zabbix.

Esta pasarela pódese usar conxuntamente co proxy Zabbix, mais hai que ter en conta que o acceso a cada pasarela Java configúrase directamente no servidor Zabbix ou no ficheiro de configuración do proxy, polo tanto, só se pode configurar unha pasarela de Java por servidor Zabbix ou proxy Zabbix.

No próxima entrega finalizamos a serie de artigos dedicados a Zabbix e o facemos falando da configuración de canais de comunicacións seguras entres os axentes e os servidores e das políticas de actualización dos repositorios oficiais de Zabbix dando unhas pautas de como manter a plataforma de supervisión segura e sempre actualizada.

Artigos da serie

Zabbix: Solución para a monitorización con Software Libre

Zabbix (1/4) : Orientación ITIL da supervisión de servizos

Zabbix (2/4) : Arquitectura

 

Pin It on Pinterest

Share This