A partir de finais de xuño a aplicación Riot, pasará a chamarse Element. Xa hai un tempo que no proxecto barallaban mudar de nome debido a que xa tiveran diversos problemas con el, en parte polo significado do seu nome (Riot en inglés significa disturbios) e en parte porque había outros produtos con mesmo nome. Finalmente decidiron cambiar o nome e agora a aplicación chámase Element. O cambio, que non só afecta á aplicación Riot, senón que tamén afecta a todo o ecosistema, como á empresa que desenvolve a aplicación, que se chamaba New Vector, así como o servizo de almacenamento que se chama Element Matrix Services, toda a información sobre este cambio de nome pode atoparse no blog de Element. Así mesmo, dende a empresa tamén estaba desenvolvendo outro cliente que de momento estaba en fase beta, o RiotX, que pasará a chamarse Element tamén e substituirá á aplicación vella.

Para que o cambio non fose traumático para os usuarios da aplicación, de momento poderase seguir usando a “vella Riot”, aínda que piden aos usuarios comezar a usar a web

Riot é a aplicación de referencia do protocolo de comunicación Matrix e que pasa a chamarse Element. Trátase dunha aplicación multiplataforma que actúa como cliente e mediante a cal se pode falar en salas de chat, escribir mensaxes directos, crear salas de chat tanto cifradas como sen cifrar, todo isto empregando o protocolo de comunicación federado Matrix co que permite aos usuarios aloxar os datos na súa propia infraestrutura.

Riot, ou agora Element, é un proxecto do que dende o portal de Mancomún se ten feito eco de diversas novas recentemente.
Como por exemplo a referente á nova característica de que a aplicación conta con cifrado extremo a extremo para garantir a confidencialidade das comunicacións.

Outra das novidades importantes relacionadas co proxecto é o apoio e colaboración do goberno francés ao proxecto desenvolvendo a súa propia solución de chat baseada en Riot e Matrix, que se chama Tchap. Outros casos de uso de Riot e Matrix son os de algúns proxectos de software libre, como por exemplo Mozilla, que pasou de usar o vello IRC a usar o Matrix aloxado por Modular.im, agora tamén renomeado como Element.

Pin It on Pinterest

Share This