Liberadas as novas versións das aplicacións Riot Web 1.6, Riot Desktop 1.6, Riot iOS 0.11.1 e RiotX Android 0.19.

Riot é unha aplicación de chat multiplataforma, de código aberto, coa que tamén se pode transferir arquivos, enviar notificacións, realizar chamadas de voz e vídeo e funcións avanzadas como avaliación da presenza do usuario en liña ou sincronización do historial e estado do cliente, entre outras.

Novidades:
Cifrado de extremo a extremo predeterminado (E2EE), soporte da firma cruzada (permite ao usuario verificar unha nova sesión desde unha sesión xa confirmada, para que os demais non teñan que facelo), capacidade para buscar en salas cifradas, entre outras.

Máis información no blog de Riot

Pin It on Pinterest

Share This