Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Agosto

Martes, 25 Agosto 2020

Xa está publicado o número 73 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Agosto.

Logo de Nextcloud

O proxecto destacado deste mes é Nextcloud, unha solución libre, aberta e extensible de produtividade.

No apartado de novas destacamos a publicación de dúas entregas de Mancomún Podcast e dúas novas pílulas sobre ferramentas libres, a aposta de Colombia polos datos cartográficos abertos, o aumento de uso de software libre na administración polaca e a reiterada aposta polo software libre do estado alemán de Schleswig-Holstein, ou as novas versións de diverso software libre como LibreOffice, Thunderbird e de Zulip.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal