A pasada fin de semana tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a décimo primeira edición do Culturgal, Feira das Industrias Culturais. Dentro da grande oferta de actividades, compre que neste foro destaquemos a presenza da asociación Proxecto Trasno quenes, xunto coa asociación Punto Gal fixeron unha presentación na que versaron sobre os seus moitos anos de experiencia no eido dos proxectos de localización como xeito de dar visibilidade ao galego na Internet.

Nas verbas do propio Antón Meixome, presidente da Asociación Proxecto Trasno, O dominio é unha marca de identidade e referencia para a lingua e a sociedade galega en calquera dos seus ámbitos respecto da comunidade internacional.

A comunidade de tradución de software libre en Galicia goza dunha excelente saúde. Un dos mellores exemplos é o estado dun proxecto da importancia de Mozilla Firefox.

Novamente nas verbas do propio Antón Meixome: Da interface principal, traducíronse 1.795 cadeas, 13.037 palabras, en 102 ficheiros. Ademais abordouse de maneira excepcional a tradución da ferramenta DevTools, fundamental para desenvolvedores, deseñadores, webmásters. Traducíronse 1.314 cadeas, 4.928 palabras, en 40 ficheiros. Traducíronse case 5.000 palabras a maiores.
Para as páxinas web de Mozilla traducíronse 511 cadeas, 5.618 palabras, en 24 ficheiros
.

Así mesmo tamén se traballou no corrector ortográfico, baseado en Hunspell.

Compartir e colaborar coa comunidade Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno, creado arredor do ano 2000, é unha comunidade aberta de voluntarios que se dedican a localizar software libre ao galego. Calquera membro da comunidade que desexe contactar con eles, pode empregar diversos medios como as listas de correo, grupo de colaboradores en Telegram e diversas redes sociais. Para obter máis información, non dubidedes en visitar a súa páxina.

Pin It on Pinterest

Share This