Plataforma educativa francesa baseada en software libre

Venres, 17 Xullo 2020

O Ministerio de Educación Nacional e Mocidade de Francia (Ministère de l’Éducation nationale et da Jeunesse) lanzou a versión beta da plataforma apps.education.fr.

Baseada en software libre, apps.education.fr ten como obxectivo garantir a continuidade pedagóxica e axudar a satisfacer as necesidades dos profesores en materia de ferramentas de ensino a distancia.

apps.education.fr

apps.education.fr é unha plataforma que recompila solucións de software recomendadas para os profesores e mestres que deben impartir educación a distancia aos seus estudantes. O servizo lanzouse como unha versión beta temporal para satisfacer as necesidades específicas xurdidas por mor da pandemia COVID-19.

Con todo, o Ministerio de Educación Nacional e Mocidade pretende que esta iniciativa sexa sostible a longo prazo a nivel nacional. O código fonte de apps.education.fr está dispoñible en Gitlab baixo a licenza EUPL.

A plataforma ofrece seis ferramentas para a aprendizaxe a distancia, baseadas principalmente en software libre, que cumpren as condicións recomendadas no marco do Regulamento Xeral de Protección de Datos ( RGPD):

Jitsi Meet para conferencias web. Este software de código aberto permite aos usuarios establecer unha conferencia web convidando os participantes a unirse a unha convocatoria mediante unha ligazón. Os participantes na conferencia poden comunicarse compartindo pantallas e presentacións, así como intercambiar comentarios a través de mensaxes instantáneas durante a conferencia.

Este servizo é compatible con todos a navegadores web recentes, independentemente do terminal utilizado. OSOR investigou o uso de Jitsi Meet por parte das administracións públicas de Francia e España.
Máis información sobre Jitsi no videotitorial que publicamos en Mancomún.

Peertube para a transmisión de vídeo. Esta plataforma de vídeo de software libre permite aos usuarios subir, aloxar e ver medios de son e vídeo.

Etherpad para a edición de texto colaborativos. Este editor en liña de código aberto para a produción de texto colaborativos permite a varios usuarios remotos escribir de forma sincrónica ou asincrónica.

As contribucións de cada usuario, que están codificadas por cores, aparecen na pantalla e gárdanse automaticamente en tempo real. Pódese convidar a outros usuarios para colaborar no documento compartindo a ligazón. O documento tamén pode descargarse e exportarse en diferentes formatos.
Máis información sobre Etherpad no videotitorial publicado en Mancomún.

Nextcloud para compartir documentos. Este software de código aberto proporciona un espazo de almacenamento en liña seguro para distribuír e compartir documentos e recursos. Accesible despois da autenticación a través dunha dirección de correo electrónico profesional, os documentos e recursos poden ser descargados desde unha estación de traballo ou un dispositivo móbil.
Máis información sobre Nextcloud no videotitorila publicado en Mancomún.

– Os blogues están dispoñibles e destinados ao persoal do Ministerio de Educación. Ofrecen, tras a autenticación, a posibilidade de comunicar e ampliar o traballo colectivo dunha clase ou un grupo. Este servizo seguro permite aos usuarios compartir, segundo unha organización definida polo seu autor, textos, imaxes ou vídeos.

Discourse para os foros. Esta plataforma de software libre permite a creación de foros interactivos, que permiten aos usuarios publicar contribucións en liña e participar en debates sobre temas específicos. Tras a autenticación, os participantes teñen a posibilidade de intercambiar e comunicarse sobre un tema determinado utilizando unha lista de correo, mentres que un moderador pode regular as interaccións.

apps.education.fr tamén inclúe un conxunto de boas prácticas para o uso responsable das ferramentas dixitais. O desenvolvemento da plataforma baséase nas achegas dos usuarios a través dunha rede de contribucións de todas as rexións francesas.

O Ministerio alenta a calquera usuario ou profesional da educación para contribuír á solución a través de Tchap, o servizo de mensaxería cifrada de código aberto do goberno francés.

Máis información na web de joinup

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal