O Concello de Rianxo implanta Jitsi

Martes, 28 Abril 2020

O Concello de Rianxo, para axudar a impulsar o teletraballo e a teleformación, implantou a solución de videoconferencia libre Jitsi.

Jitsi é unha aplicación multiplataforma coa que poderemos facer tanto videoconferencias, usala como solución Voz IP e como mensaxería instantánea, tanto a través do ordenador, con aplicacións para iOS e Android ou directamente a través dun navegador web. Distribúese baixo a licenza libre Apache.

Algunhas das principais características de jitsi son:
– Cifrado de son
– Non é preciso dispoñer dunha conta de usuario rexistrado
– As salas pódense protexer con contrasinal

O Goberno local comentou que:
“Jitisi é unha alternativa aberta e universal a solucións privativas como Skype, Hangouts, Duo ou Zoom”.

O Concello de Rianxo instalou un servidor propio para a celebración das sesións dos órganos colexiados (comisións informativas, xuntas de Goberno, plenos, mesas de contratación …) e, tamén, para o traballo dos equipos directivos e o profesorado dos centros escolares do municipio.

O servidor Jitsi do Concello de Rianxo inclúe a lingua galega.

No portal de Mancomún publicamos recentemente unha pílula sobre o uso de Jitsi e falamos dela xunto con outras solucións para teletraballo no programa #26-Mancomún Podcast: Traballo en remoto.

Se vos interesan outras solucións para o teletraballo, temos unha recopilación no repositorio do portal.

Máis información na nova de Código Cero

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal