O asistente de licenzas de Joinup actualízase

Martes, 15 Decembro 2020

Como xa se difundiu no portal de Mancomún, dentro da iniciativa Joinup está dispoñible unha ferramenta chamada JLA (Joinup Licensing Assistant).

O JLA trátase dun asistente que axuda no proceso de licenciamento do software, que en algúns proxectos podería ser complexo. Isto é debido en parte a que non todas as licenzas son compatibles entre si xa que algunhas licenzas poden ter restricións sobre o que se pode facer co código e o que non.

Á hora de adoptar unha licenza, antes de tomar unha decisión é necesario saber que opcións de licenza se poden escoller e cales non, logo de determinar cales son as licenzas das dependencias que ten o proxecto.

Ademais disto, tamén compre coñecer minimamente as licenzas para poder escoller unha que se adapte o mellor posible ao que se quere permitir e o que se quere limitar facer co código do proxecto, así como aspectos relacionados con posibles patentes, etc.

JLA compatibility checker

A novidade do asistente para esta actualización é que agora conta con un comprobador de compatibilidade que permite avaliar a posibilidade de combinar o código fonde mesturado baixo diferentes licenzas e distribuílo. Esta nova opción pódese usar dende esta ligazón onde se pode escoller unha licencia de partida e a licenza desexada e posteriormente a ferramenta permite ler os comentarios sobre a compatibilidade entre as dúas licencias escollidas así como as posibles incompatibilidades que puideran existir entre elas. Esta característica resulta interesante cando existen dependencias no proxecto a liberar ou cando se quere realizar unha bifurcación dun proxecto libre ou aberto xa existente.

JLA find and compare software licenses

Esta última funcionalidade aumenta as existentes como o comparador, que permitía escoller ate cinco licenzas e realizar unha comparativa para saber que permite e que limita cada unha delas. Esta funcionalidade é moi interesante para coñecer as diferencias entre cada unha das licenzas e para cando se está a tomar a decisión sobre que licenza aplicar en función do que se quere permitir así como o soporte tanto da comunidade como da lexislación.

Pode atoparse máis información sobre as novidades do asistente na nova do portal de Joinup.

Relacionado coas licenzas, dende o portal de Mancomún tamén se publicou hai tempo unha matriz de compatibilidade entre diversas licenzas libres, que serve para ter unha panorámica rápida e visual sobre que licenzas son compatibles entre si.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal