Despois de rematar a serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes”, continuamos cunha nova serie, esta vez centrada nas solucións para vídeo dixital:

Ferramentas multimedia: Solucións para vídeo

Hoxe en día, o formato audiovisual está converténdose no máis consumido polos usuarios en detrimento do texto. Esta difusión débese en parte a que dispoñemos de dispositivos móbiles onde descargar e reproducir estes contidos sen problemas, e á mellora nas tecnoloxías (aumento das velocidades de descarga e abaratamento das tarifas 3G, 4G, ademais da posibilidade de poder conectarnos a unha gran cantidade de redes wifi).

A mellora das tecnoloxías das cámaras de vídeo (tanto nos sensores, nos dispositivos de almacenamento coma nos codecs de compresión) tamén axudaron a esta gran expansión do vídeo.

Por todo isto, é importante hoxe en día dispor de ferramentas para poder manipular e editar vídeo, tanto a nivel particular como profesional.

Neste primeiro artigo da serie, vamos enumerar diferentes ferramentas de software libre de edición de vídeo, que cubran a maior parte dos usos que lles podemos dar, para posteriormente analizar mediante artigos monográficos algunhas destas ferramentas.

Utilizar software libre nestes casos, pode axudar a aforrar moitos custos debido a que a maior parte de ferramentas multimedia privativas teñen un prezo elevado, ademais de ter unha maior independencia tecnolóxica.

Podes ler o artigo onde presentamos esta nova serie sobre vídeo, nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This