Continuando coa serie de artigos tecnolóxicos “Ferramentas multimedia: Solucións para imaxes”, falamos de Krita, solución libre para artistas dos pinceis.

Krita é unha suite de debuxo e ilustración dixital, multiplataforma, deseñada para artistas de arte conceptual, ilustradores, artistas de pintura mate e texturas, cómics e animación, distribuída como software libre baixo licenza GNU GPL.

Interface de usuario de Krita, pinceis e capas

Pensada para a creación de imaxes dende cero, máis que para a manipulación de imaxes existentes. Ten a capacidade de poder traballar tanto con mapas de bits como con vectores pero céntrase en ofrecer características orientadas ao debuxo dixital máis que á edición fotográfica.

Á dereita vemos o xestor de capas e debaixo os pinceis de Krita

Coñecer estas ferramentas libres é útil en diversos sectores e áreas nos que se poidan ter que realizar tarefas multimedia.
Utilizar software libre nestes casos, pode axudar a aforrar moitos custos debido a que a maior parte de ferramentas multimedia privativas teñen un prezo elevado, ademais tamén permite ter unha maior independencia tecnolóxica.

Podes ler o artigo onde falamos de Krita en profundiade nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This