Vimos de rematar a publicación das pílulas para o teletraballo que estivemos creando durante estos últimos meses e, como nos gustou a fórmula de pequenos videotitoriais para dar a coñecer solucións de software libre, vamos crear novas pílulas pero esta vez centradas en ferramentas libres para empresas que podemos atopar e probar no CDTIC Virtual.

Poderedes atopar a recopilación desta nova serie de vídeos no Repositorio documental de Mancomún, no apartado Ferramentas empresariais. Empezamos esta nova recopilación de ferramentas falando de Alfresco.

Alfresco é unha solución completa para a xestión documental empresarial, coa que poderemos automatizar a captura, a xestión, o almacenamento e a preservación de contidos e documentos dixitais relacionados cos procesos da organización.

Un sistema de administración de contidos pensado para empresas de calquera tamaño, de software libre, baseado en estándares abertos, desenvolto en Java e multiplataforma (compatible con Windows, Unix Solaris e varias versións GNU/Linux).

Alfresco permite axilizar os fluxos de traballo, mellorando os seguintes puntos:
– Organización e consolidación do contido para a mellora da produtividade e mantendo o control da información corporativa que aporte valor.
– Compartir a información coas persoas de dentro e fóra da organización, incluídos os socios e clientes.
– Favorecer o cumprimento de normativas coa xestión documental integrada.
– Automatizando e optimizando os procesos empresariais críticos, como a tramitación de facturas e as aprobacións de gastos.

Pílula sobre Alfresco, xestor de contidos empresarial

Características principais

Permite traballar con:
– Xestión de documentos
– Xestión de contidos web
– Versionado a nivel de repositorio
– Xestión de procesos
– Xestión de imaxes
– Publicación integrada
– Acceso a repositorios vía CIFS/SMB, FTP e WebDAV
– Fluxos de traballo
– Procuras
– Servidores descentralizados
– Soporte de varios idiomas
– Integración de escritorio con varias suites ofimáticas
– Todo iso a través dunha navegador web e unha interface amigable e intuitiva.

Alfresco está dispoñible para a súa proba, previa solicitude, no CDTIC Virtual.

Pin It on Pinterest

Share This