O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para conseguir un avance significativo no nivel de madurez dixital.

As solucións dixitais que proporciona o Kit Dixital están orientadas ás necesidades das pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos, que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio.

Publicamos un artigo TIC onde recompilamos un listado coas solucións de software libre, que propoñemos para cada apartado do catálogo do Kit Dixital, nesta ligazón.

Se queredes máis información sobre estas solucións libres, tedes varias pílulas en vídeo que fixemos no portal de Mancomún:
– Ferramentas empresariais
https://www.mancomun.gal/documento/ferramentas-empresariais/
– Pílulas para o teletraballo:
https://www.mancomun.gal/documento/pilulas-para-o-teletraballo/

Pin It on Pinterest

Share This